Condicións de servizo

Ao utilizar as funcións de chat de Google (o "Servizo"), aceptas quedar vinculado ás Condicións de servizo de Google, á Política de privacidade de Google, así como a estes termos adicionais (en conxunto as "Condicións de servizo").As funcións de chat requiren o uso de números de teléfono, polo que poden pasar por outros fornecedores de servizo para conectar con eses números. Aceptas que ocasionalmente se comproben os teus contactos para ver se dispoñen de funcionalidade de chat e así proporcionarlles o Servizo. Google pode intercambiar ocasionalmente co teu operador a información do teu dispositivo, incluídos os seus identificadores ou a información da tarxeta SIM, para verificar o teu número de teléfono e proporcionar o Servizo. Estas Condicións de servizo non se aplican ás funcións e servizos ofrecidos polo teu operador (p. ex., chamadas e mensaxes a través do operador, incluídas mensaxes SMS, MMS, etc.). Podes interromper o uso do Servizo se o desactivas na configuración da aplicación de mensaxaría.

O Servizo proporciónao Jibe Mobile, Inc., unha filial de Google LLC.